Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “bolsos oobuka santiago de compostela

María Rapaza Ela Diz

Empezamos a semana  da mans de Oobuka. A firma creada polos novos deseñadores de bolsos, 100% deseño nacional.

Divertidos, orixinais e cunha combinación de materiais diferente, como o que leva María. Grazas e apertas guapa!


Oobuka bolsos

Alejandra Vermellas e Ruggero Lupo,  artista téxtil e arquitecto respectivamente, crearon Oobuka en Valencia no ano 2009.

Os seus bolsos e accesorios son pezas de produción limitada, pensadas e producidas en España, porque creen no bo facer dun oficio, para obter accesorios orixinais e prácticos.

Traballan co concepto de mesturar, probar contrastes entre materiais e texturas, tentando cambiar a idea máis convencional que se ten dun accesorio, sen por iso esquecer a funcionalidade dun bolso e a comodidade.

Oobuka  é unha aposta pola creatividade e o deseño.


Na pasada edición da  Valencia Fashion Week puideron gozar dos seus deseños.