Oobuka bolsos
Alejandra Vermellas e Ruggero Lupo, artista téxtil e arquitecto respectivamente, crearon Oobuka en Valencia no ano 2009.
Os seus bolsos e accesorios son pezas de produción limitada, pensadas e producidas en España, porque creen no bo facer dun oficio, para obter accesorios orixinais e prácticos.
Traballan co concepto de mesturar, probar contrastes entre materiais e texturas, tentando cambiar a idea máis convencional que se ten dun accesorio, sen por iso esquecer a funcionalidade dun bolso e a comodidade.
Oobuka é unha aposta pola creatividade e o deseño.
Na pasada edición da Valencia Fashion Week puideron gozar dos seus deseños.
COMENTARIOS