Gabriela Rapaza Ela Diz
Comenzamos a semana vestindo a cabeza.
Na imaxe podedes ver a Gabriela con gorro en ton chocolate, da casa francesa Céline Robert. Un bico enorme para os dous Gabriela e grazas por visitarnos nas túas viaxes a Compostela.
Escaparate Ela Diz
A nosa proposta semanal para este fin de novembro…corto o longo, esta semana dámoslle os vestidos.
Vestido longo da deseñadora Portuguesa Pé de Chumbo, un vestido para una cita especial.
De negro e longo vestido da deseñadora Nerea Lurgain, con blazer de Scaline, boina de Céline Robert, fulard Oriol e colar de Lindo Ron
En verdes, bolso Oobuka e Nice Things, e zocos de Elena Ferro.
En tons tostados, vestido de Mado et les Autres, con chaquetón de Nice Things e para andar quentiña fular de topos e boina de Céline Robert.
Escaparate Ela Diz
Esta semana dende o escaparate de Ela Diz
diferentes propostas para vestir
asinadas todas elas por novos deseñadores de aquí e de alá.
Novidades no escaparate Ela Diz
Hoxe empezamos o díamostrándovos as novas propostas do noso escaparate.
Un pouco de todo, para as que lles gustan os vestidos e para as que non se separan dos seus pantalóns.
Detalle vestido de Aguamarina Paris con chaqueta Mado et les autres e boina de Céline Robert.
O último en chegar a Ela Diz, camisa con ilustración de maniquies de Mi Clo, da que vos falarei a próxima semana.
Aos pés bolso de Oobuka, maletín de fin de semana Nice Things e zocos de Elena Ferro.
E para rematar, móstrovos a porta de Ela Diz co anuncio do próximo concerto do Crooner Tony Lomba que terá lugar a próxima semana no garito de moda de Compostela, o Kunsthall. e que seguro que é todo un éxito!
COMENTARIOS