Alba Rapaza Ela Diz
Orixinal, divertida e diferente, así é a blusa de seda de Nice Things. A continuación podedes ver a Alba con ela, co pescozo en azul e vivos en amarelo. Grazas Alba, e bicos para toda a familia!
As interesadas, aviso importante: a piques de recibila de novo, atentas rapazas !
Nai e filla xuntas en Ela Diz
Na imaxe podedes ver a dúas xeracións de rapazass Ela Diz. A nai con vestido de Malahierba e a filla con blusa estampada de maniquies de MiClo. Un bico ás dúas e grazas por repetir.
Escaparate Ela Diz
Esta semana dende o escaparate de Ela Diz
diferentes propostas para vestir
asinadas todas elas por novos deseñadores de aquí e de alá.
Mi Clo en Ela Diz
Hoxe preséntovos a Mi Clo, firma de deseño especializada en ilustración aplicada en diferentes soportes tras a que se atopa Camino López.
Outra emprendedora que tras formarse en arquitectura de interiores e deseño gráfico, decidiu dar o salto e crear a súa primeira colección HUTGESCHÄFT, A Sombrerería, inspirada na Viena de 1919.
Blusas con patróns sinxelos e deseño de estampados únicos.
Integramente estampadas e confeccionadas en España.
Dificil elección a de escoller a miña preferida, ti que pensas?
COMENTARIOS