Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “billie jean king

Coñecendo a historia do Feminismo.

Son oito as illustracións que conforman o deseño desta taza.

Mulleres diversas que fixeron Historia.

Hoxe profundizamos un pouco na historía de Billie Jean King.

taza-feminista-iconas da historia.jpg

 

Nacida o 22 de novembro de 1943 en Estados Unidos, é considerada como unha das tenistas mellores de todos os tempos.

Gañadora de doce Grand Slams: seis Wimbledon (1966, 1967, 1968, 1972, 1973 e 1975), catro US Open (1967, 1971, 1972 e 1974), un Aberto de Australia (1968) e un Roland Garros (1972).
Podémoslle outorgar o título de icona do deporte feminino e do feminismo, porque, agora vén o máis impactante, tivo o gustazo de gañar a Bobby Riggs, un gran mito do tenis masculino se, pero ademais un home terriblemente machista que decidiu retomar a súa carreira deportiva só para demostrar a superioridade masculina fronte á feminina.
O partido disputado o 20 de setembro de 1973 foi un éxito de audiencia e é coñecido como” A Batalla dos Sexos“.
O partido comezou costa arriba para ela, pero logrou vencer en tres sets cun humillante resultado de: 6-4, 6-3 e 6-3.

Billie Jean comprometida coa mellora nas condicións das mulleres e a loita pola igualdade logro outro fito naquel afastado 1973. Ameazou con boicotear o US Open se non igualaban os premios para o torneo masculino e feminino. E é por isto, polo que o Grand Slam que se celebra en Nova York converteuse no primeiro que acabou coa brecha e comezou a pagar o mesmo a homes e mulleres.
Aínda queda moito por facer!