Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “artesanía y modaétca santiago de compostela

Imagen

PRÓXIMA PARADA as peregrinas toman a cidade.

Formamos parte dunha exposición moi interesante.
Interesante porque se pon de manifesto o papel da muller no camiño de Santiago a través de 12 esculturas de madeira policromada de Álvaro de la Vega.
E atrayente porque para poder visualizar as esculturas, teredes que realizar unha visita por 12 comercios da zona monumental.
Unha exposición comisariada por Gemma Sesar onde cada peza simboliza o camiño que percorremos todas as mulleres ao longo da nosa vida.
Ademais esta exposición ten premio.
Se visitades calquera dos comercios poderédesvos levar un mapa ilustrado da zona munumental de Compostela e un pasaporte para participar no sorteo dunha das esculturas.
Pasear pola zona vella, será como un tramo do camiño e poderedes selar o voso pasaporte en cada un dos doce locais que participan na exposición
A continuación déixovos o vídeo da proposta con Gemma Sesar e Álvaro de la Vega.


E unha ligazón á páxina do proxecto, onde atoparedes información máis detallada.

http://proxima-parada.elpatitoeditorial.com/


E por último: lembrade que o prazo remata o 15 de outubro.