Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “artesania galicia

Rosa rosa rosam rosae rosae rosa

Hoxe lembrei as clases de latín de hai moitos anos!!!

Nai e filla unidas por unha afección común, o rosa. Genoveva con colar de Peliqueiros de Ana Miguens e Ana con chaqueta de Nice Things.

Imagen


Amy Rapaza Ela Diz

Uno dos artigos máis delicados e con máis encanto desta tempada, son os foulares pintados a man por María Feijoo.
Pequenas obras de arte en seda para levar ao pescozo… ou para decorar o teu recuncho preferido na casa.

Imagen
Na imaxe Amy encantada de levar un recordo made in Galicia.


Montse Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Montse cun broche de Ana Miguens. En particular un Boteiro de Verín. Aproveito a ocasión para anunciarvos que temos de novo na tenda, peliqueiros, boteiros e pantallas en diferentes formatos. Así que se o voso é o entroido, o mellor lucilo todo o ano. Apertas Montse.

Imagen


Lisa Rapaza Ela Diz

Reinventarse ou morrer, isto é o que fixeron as Redeiras de Corme, que confeccionan con fíos sobrantes, redes e outros elementos reciclados estes chales entre outros deseños.
Na imaxe podedes ver a Lisa cun chal en cor ocre realizado pola Redeiras utilizando diferentes técnicas de anudado de pesca.

Imagen
Desexo que todos os teus plans de futuro en Donostia saian ben, apertas Lisa e grazas!


Pisando forte

Cada día coñezo máis e mais persoas  que con imaxinación, coraxe e moita ilusión dan o salto e apostan polo autoemprego, converténdose en Emprendedores.

Hoxe fálovos dun deses casos e do seu marabilloso traballo. Trátase de Elena Ferro e os seus zocos, que unindo tradición, innovación e saber facer, consegue sorprender coas súas propostas.

Unha familia que traballa duro e que enxalza a Tradición Galega do Calzado, porque apostar polo traballo feito aiquí fainos mellores.

Escolle os teus preferidos achegandote ata a tenda e moi pronto visitando a nosa tenda online www.eladiz.com