Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “araceli gonda

Cineeuropa

Cineeuropa
O mes de novembro en Compostela, sempre vai asociado a Cineeuropa. Este ano celebran a súa 27º edición e nós un escaparate para celebralo xunto a  eles.

Imagen

Quero agradecer aos traballadores do Teatro Principal, por darnos tantas facilidades.
A Paula Sande, por axudarnos como sempre, grazas chuli:-)
Araceli Gonda e Jorge Coira, por cedernos as claquetas, cintas de negativos… e mesmo un Mestre Mateo!

Imagen

Imagen

escaparate ropa-cineeurpa 2


Voda á vista!

Non, non casamos, pero estamos de celebración xa que Araceli enviounos unha foto co seu vestido de Chula. Ara, pareces unha fada, moitas grazas e bicos 😉

Imagen

Vestido dos Galegos Chula, feito a man e de edición limitada.


Araceli Rapaza Ela Diz & Cía.

Este verán recibín a visita de Araceli Gonda que estaba a buscar un vestido para acudir aos Premios Mestre Mateo, xa que estaba nomeada xunto cun amplo equipo multidisciplinar á  candidatura a Mellor Obra Interactiva  con «Area fai seis«.
Tras recibir o Premio e transcorridos uns meses, na imaxe podedes ver a Araceli moi ben rodeada e  cun vestido da deseñadora AZabala.

De esquera a dereita: Antonio Mourelos Presidente da Academia, David Martínez productor, Araceli Gonda gañadora do Mestre Mateo, Luis Tosar actor e Jorge Coira Director de cine.

Grazas Ara por lembrarte, bicos!