Moda Etica, Complementos, Regalos & Artesanía Galega, slowfashion

Entradas etiquetadas como “andrea baragaño

Elena Rapaza Ela Diz

Estes últimos anos os tocados souberon atopar o seu oco e son moitas as apaixonadas que non dubidan en levalos, sobre todo en ocasións especiais.

A min persoalmente non me gustan moito, pero cambiei de idea en canto descubrín o traballo de Andrea Baragaño.

As súas pezas integramente realizadas a man, non son tanto tocado  senón máis ben diademas e ademais das que podes levar calquera día!

Imagen
Na imaxe Elena con diadema da serie Nazaré con posibilidade de  levar como colgante.
Apertas Elena, seguimos en contacto!


Novas propostas

Novas alternativas desde o noso escaparate.

Por unha banda vestido de Mónica Lavandera acompañado dun colar de Ana Miguens. Imagen

En cores máis vibrantes, vestido de Malahierba Atelier con colgante de Andrea Baragaño e chaquetón de Nice Things.

Imagen

Aos pés como é habitual, zocos de Elena Ferro acompañados de bolso de man de Anusca´s Family e  maletin de Nice Things. No alto do escaparate os bolsos mais cool da Artesanía Galega feitos polas Redeiras de Corme e Malpica!Imagen


Cristina Rapaza Ela Diz

Os pequenos detalles sempre contan.

Imagen

Na imaxe podedes ver a Cristina cun deseño de Andrea Baragaño Xoias. Unha diadema de inspiración helénica que consegue darche un punto diferente. Grazas Cristina e apertas.

Imagen

 


Pilar Rapaza Ela Diz

Xoias até na cabeza, iso é o que ocorre cando descobres o traballo de Andrea Baragaño. En especial a súa colección 1968 Nazaré, colección de tocados inpirados nunha maleta que Andrea atopou nun mercadillo, da que obtivo o nome do dono, unha dirección na nosa veciña Portugal, en concreto Nazaré e o cheiro a coiro vello.

Imagen
Na imaxe podedes ver a Pilar cun deses tocados que ademais ten un dobre uso, porque se pode levar tamén como colar.
Grazas Pilar.

Imagen


Derradeiros cambios para este 2012

A piques de rematar o 2012, móstrovos os últimos cambios no noso escaparate.

escaparate-ela diz-dec13

Detalle do interior, onde poderedes atopar orixinais ideas…

escaparate-ela diz-dec16

Detalle do escaparate, con vestido de punto moi invernal dos deseñadores Malahierba, con abrigo da premiada AZabala e boina de Céline Robert.

escaparate-ela diz-dec14

Esta foto vai para Andrea Baragaño e as súas preciosas xoias acompañadas polas tazas de Zuppa entre outras cousas.

escaparate-ela diz-dec17

E para rematar vestido da deseñadora Elisa Cortes con chaqueta de Nice Things e colar-diadema de Andrea Baragaño, sin esquecer o bolso de Oobuka e os zocos inamovibles da nosa querida Elena Ferro.

escaparate-ela diz-dec15

E para rematar, aviso importante! Ante a avalancha de peticións destes días, acabamos de recibir novamente os colgantes de Lindo Ron, grazas Ana!


Andrea Baragaño xoias

Hoxe teño o pracer de ensinarvos o traballo de Andrea Baragaño, unha xoieira que tras realizar os seus estudos en Madrid decidiuse a crear a súa propia marca. Xoiaría artesanal na que utiliza diversos materiais obtendo  series de inspiración diversa como as que vos mostro a continuación.
Dentro da serie Helénica, cativáronme estas preciosas diademas de latón.

ab joyas-helénicas 2

ab joyas-helénicas
A continuación pendentes da serie Algas.

ab joyas-algas
Colgantes da serie Tempo

ab joyas-tiempo
Pulseiras e aneis da serie Violeta

ab joyas-violetas
E para rematar as diademas da serie Nazaré con múltiples posibilidades de levar, xa sexa como diadema, para levar como colgante, anudando o pelo

ab joyas-nazaré 1

e como exemplo nada máis grafico que a seguinte imaxe.
ab joyas-nazaré

para aqueles que non vos podades achegar  ata aquí, proximamente tamén dispoñibles na nosa tenda online  www.eladiz.com

ab joyas-nazaré 2