Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “ambrosía pitigüil santiago de compostela

Izaskun Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Izaskun vestida polas deseñadoras Ambrosia Pitigüil. Un vestido en ton amarelo con print de bolboretas combinado con cinto rosa que consigue un bonito contraste de cores. Grazas Izaskun por vir coñecer a tenda, apertas para vós e a vosa cicerone 🙂


Ela Diz de paseo pola Alameda

Móstrovos algunha das fotos do blog  yo no soy una it girl , cun dos vestidos de Ela Diz.

Nesta ocasión cun deseño das xoves Ambrosia Pitigüil, en cor rosa, con estampado de bolboretas e combinado con cinto marrón das mesmas deseñadoras. Un paseo perfecto pola Alameda Compostelá.


Sra. Bodil Rapaza Ela Diz

Na imaxe amósovos á Sra. Bodil cun deseño das irmás que forman Ambrosia Pitigüil, neste caso a Sra. Bodil decidiuse polo vestido de bolboretas nun favorecedor ton amarelo.
Grazas pola simpatía e apertas!


Jemma & Katherine, Rapazas Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Jemma e Katherine vestidas ambas con deseños de Ambrosia Pitigüil.

Katherine decantouse polo vestido vermello vintage drapeado que complementou cun cinto de coiro en ouro vello e sandalias. Jemma optou polo vestido amarelo de bolboretas con cinto rosa e os zocos abertos de Elena Ferro.
Grazas mozas, espero que gozásedes da Noite Compostelá.


Elvira, Rapaza Ela Diz

Hoxe amósovos un look de novos deseñadores. Vestido da  Londiniense Scaline en cor champagne combinado cun cinto marrón das Bilbainas  Ambrosía Pitigüil. Grazas Elvira, bicos.