Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Entradas etiquetadas como “A Reixa

Bailamos?

A noite en Compostela non é o que era. Pero aínda podemos fardar de locais únicos. Sen dúbida e por moitos motivos, o meu preferido é A Reixa. E non se me ocorre un lugar mellor para botar uns bailes con esta preciosidade de vestido mentres desfrutas dun pouco de  rock & roll.

vestido-ioanna kourbela-mandi3 vestido-ioanna kourbela-mandi vestido-ioanna kourbela-mandi1 vestido-ioanna kourbela-mandi2


Vídeo

Ela Diz na TV de Castela e León

Hai algúns días mostrábavos aos reporteiros de Castela e León na tenda de compras. Hoxe toca o desquite e son eles os que mostran Ela Diz no seu vídeo sobre Santiago de Compostela. Mínuto 45:05
Grazas a Daniel, o protagonista que lles achega até aquí.  Ademais poderedes ver  La Maleta de Bel, A ReixaLa Tita e a súa tortilla… e moitas curiosidades da cidade!


Mercadillo Santiaguide

Levamos  varios días  escoitando comentarios  sobre  a apertura  da nova  tenda de Amancio en New York, moitos metros cadrados, na 5º Avenida, no número 666,  todo moi branco, moi bonito…. pero quédanos un pouco lonxe, non?
E o Mercadillo Santiaguide, decatástesvos ?

Pois para os que vivimos neste lado do Atlántico é unha cita ineludible.  Celebrarase o 23, 24 e 25 de marzo, no  Gato Cosmico,  onde poderedes atopar unha chea de gangas de calquera das tendas que formamos Santiaguide.
Por se isto fose pouco, aqueles que veñades o domingo teredes o pracer de escoitar a Dj Fran Reixa, que animará toda a xornada.
Esperámosvos!