Coñecendo a historia do Feminismo.
Son oito as illustracións que conforman o deseño desta taza.
Mulleres diversas que fixeron Historia.
Hoxe profundizamos un pouco na historía de Billie Jean King.
Nacida o 22 de novembro de 1943 en Estados Unidos, é considerada como unha das tenistas mellores de todos os tempos.
Gañadora de doce Grand Slams: seis Wimbledon (1966, 1967, 1968, 1972, 1973 e 1975), catro US Open (1967, 1971, 1972 e 1974), un Aberto de Australia (1968) e un Roland Garros (1972).
Podémoslle outorgar o título de icona do deporte feminino e do feminismo, porque, agora vén o máis impactante, tivo o gustazo de gañar a Bobby Riggs, un gran mito do tenis masculino se, pero ademais un home terriblemente machista que decidiu retomar a súa carreira deportiva só para demostrar a superioridade masculina fronte á feminina.
O partido disputado o 20 de setembro de 1973 foi un éxito de audiencia e é coñecido como» A Batalla dos Sexos«.
O partido comezou costa arriba para ela, pero logrou vencer en tres sets cun humillante resultado de: 6-4, 6-3 e 6-3.
Billie Jean comprometida coa mellora nas condicións das mulleres e a loita pola igualdade logro outro fito naquel afastado 1973. Ameazou con boicotear o US Open se non igualaban os premios para o torneo masculino e feminino. E é por isto, polo que o Grand Slam que se celebra en Nova York converteuse no primeiro que acabou coa brecha e comezou a pagar o mesmo a homes e mulleres.
Aínda queda moito por facer!
09/01/2020 | Categorías: Agasallos, artesania, Rapazas Ela Diz | Tags: a batalla dos sexos, agasallos, billie jean king, deseño, femiinismo, feminista, icona femenina, ilustración, ingela P Arrhenius, taza feminista | Deja un comentario
COMENTARIOS