Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Archivo para diciembre, 2014

¡Até a caixa mola!

Se toleas polo café e as infusións, gustanche as ilustracións, caerás rendid@ aos seus encantos.

mug travel-ingela p arrhenius-2

De porcelana, con capacidade para 300 ml, poderás viaxar onde ti queiras coa súa tapa de silicona.
O elegante Sr. viaxeiro ou a distinguida Sra. intelectual.

mug travel-Sra-ingela p arrhenius

Hoxe mesmo poderás atopalos tamén  na tenda online. Na sección deco&agasallos.

mug travel-ingela p arrhenius


Nin ouro nin prata

Cando a xente sabe de xoiería, non lles fai falta nin o ouro nin a prata.
Unha mestura de fornituras de mobles antigos, madeira, latón e esmaltes by “Latonta y Larubia” e “Milena”.

Milena & Latonta y Larubia

latonta y larubia


Chan-ta-ta-chan

Para tod@s os que participastes no concurso Escaparate de Cinema, aquí tedes á afortunada ca súa foto mais o seu cheque regalo de 50 €.

Vanessa-gañadora concurso Escaparate Cine-Ela Diz

Vanessa, xa non poderás dicir iso de ” a min nunca me toca”.  Non é a Lotería de Nadal, pero mola.


Tarde de Estrea

Escoller a cor dos teus primeiros zocos, adoita ser o máis dificil. Cos seguintes todo é mais doado.

Para Delia este foi o momento da estrea, mentras que Vanessa xa está feita unha experta. Bicos 🙂

zocos-eferro-Vanessa-Delia

zocos-eferro-coloraos

zocos-eferro-laranxas - copia

zocos-eferro-berenxenas

zocos-eferro-marróns - copia

 

 


Vidas cruzadas

Ás veces o bo tarda en chegar. Iso é o que nos pasou con Similia Similibus Costume e a súa colección Vértices.
Como curiosidade, as nosas vidas teñen varios puntos en común. Ambas nacemos en Donostia e as dúas optamos por vir estudar a Santiago de Compostela e mesmo compartimos nome.

Vestido vertice composto por pezas, que se ensamblan por vértices, articulando vestidos poliédricos como o da imaxe.

vestido-similia similibus-Rosa


Medrar en Galego

O Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego xa está dispoñible nas redes.
Con propostas de moitas das empresas colaboradoras entre as que nos atopamos.

catálogo Abertos ao Galego-Ela Diz

Libros, alimentación, moda, agasallos e complementos en Galego, para medrar en Galego.

Botádelle un ollo aquí. ¡ O Apalpador agradecerávolo!


Copenhague-Compostela

Eu non sei que lles dan en Dinamarca, pero os seus deseños arrasan en todo  o mundo.

Cada ano xorden novos nombres baixo a etiqueta de ” moda danesa”. Supoño que  o apoio institucional aos seus creadores fixo posible que Copenhague sexa agora mesmo a 4 Cidade Europea da Moda.

jersey-noa noa

Xersei en branco e negro, of course “moda danesa”