Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Archivo para julio, 2012

Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver á Sra. Waldhoter cunha propuestade a firma Nice Things.

Unha chaqueta curta verde con detalles en relevo na parte superior en diferentes tons.  Grazas e apertas

Anuncios

Lucia, Rapaza Ela Diz

Na imaxe superior  podedes ver a  Lucia cun  deseño das deseñadoras Catalás Luna Moreno. Unha camiseta negra  con táboas en cor laranxa na parte dianteira e detalle en branco no pescozo. Grazas Lucia, foi un pracer charlar convosco.


Olga, Rapaza Ela Diz

Hoxe móstrovos un dos vestidos dos deseñadores Galegos Chula .


Podedes ver a Olga cun  vestido  negro  moi pirata, con caveira  e un bonito cinto multicolor. Grazas Olga e apertas guapa !


Parabens Madiba

Hoxe comenzo o  día cunha bonita canción, en homenaxe ao gran Nelson Mandela, que hoxe cumpre 94 anos.
Un exemplo de home e de político que dedicou a súa vida pola loita contra o apartheid e que moitos dos nosos gobernantes poderían tomar como exemplo.
Parabens Madiba!


Ela Diz de paseo pola Alameda

Móstrovos algunha das fotos do blog  yo no soy una it girl , cun dos vestidos de Ela Diz.

Nesta ocasión cun deseño das xoves Ambrosia Pitigüil, en cor rosa, con estampado de bolboretas e combinado con cinto marrón das mesmas deseñadoras. Un paseo perfecto pola Alameda Compostelá.


Teresa, Rapaza Ela Diz

Na imaxe podedes ver a Teresa cun blazer da firma Mado. Unha combinación area e beige en viscosa e cun bonito corte. Grazas Teresa, como sempre é un pracer falar contigo, apertas.


Laura, Rapaza Ela Diz

A continuación podedes ver a Laura cun vestido das deseñadoras Catalás Luna Moreno. En cor area con detalles champagne nos ombreiros e na parte posterior, destaca o seu bonito escote drapeado. Laura, moitas grazas por todo guapa e apertas !