Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Archivo para enero, 2012

De volta dende Modefabriek

Recén chegados dende  Modefabriek,  pra coñecer as novas propostas de cara ao próximo  Outono Inverno.

E mentres lembrade que tendes un 40 % de descontos en Ela Diz


Beatriz, Rapaza Ela Diz

Móstrovos o trench da firma Laga. Cun estampado orixinal marca da casa, combina perfectamente o verde co marrón e co beige. Estupendo para alegrar os días chuviosos. Grazas Beatriz.


Amigas e Rapazas Ela Diz

Hoxe móstrovos dúas opcións da firma francesa Bande Originale. Unha chaquetade la en cor marrón con peche asimétrico e outra de veludo cos puños e a parte inferior abombachados. Marga e Carmen foi  un pracer coñecervos, grazas por todo!

 

 


Donostia bat bakarra munduan!

Para os Donostiarras hoxe é un día moi pero que moi especial.

É o día grande da Cidade, 24 horas de Festa!
Dende aquí o meu pequeno gran homenaxe ás festas da cidade que máis quero.

Á familia e aos amigos só vos desexo que  festexedes ao grande a Tamborrada!

Arriada da bandeira na Praza Constitución, Donostia 2011.


Lourdes, Rapaza Ela Diz

Na imaxe móstrovos outra das propostas da deseñadora galega Sara Coleman. Unha blusa en cor navy, combinado con antelina en puños e parte superior. Lourdes moitas grazas, guapa!


Gañadores sorteo Noites Abertas

Para aqueles que participastes nas Noites Abertas, podedes atopar os números gañadores na seguinte ligazón do Concello Santiagodecompostela.org . Lembrade que tedes en xogo unha viaxe, ceas, spa e cheques regalo de 50 ? para utilizar en calquera das tendas participantes.

 


Paula, Rapaza Ela Diz

Na imaxe vestido da firma danesa Signal. Un vestido de cadeira en tons azul gris e negro. Encantada de coñecerche Paula e moita sorte!