Moda, Complementos, Regalos & Artesanía Galega

Archivo para septiembre, 2011

Daisy Market recoñeceu o noso traballo

Acabamos de saber que fomos os gañadores do concurso de escaparates da III Edición do  Daisy Market da Coruña, así que estamos moi contentos e desexando saír cara a Ámsterdam. Desde aquí queremos agradecer a Daisy Market por facer propostas deste tipo, que fan que as pequenas tendas como Ela Diz ideen e traballen na elaboración dun novo escaparate.

Anuncios

Lourdes, Rapaza Ela Diz

Hoxe ensínovos unha camisa de Luna Moreno en cor negra con pespuntes, botóns e detalle nas costas cor area. Grazas Lourdes.


Iria, Rapaza Ela Diz

Na foto Iria cun dos bolsos de Laga. En cor azul navy e con dúas opcións de levar.
Coa asa de cadea para levar na man ou con asa longa para ir mais cómoda e en 
bandoleira. Grazas Iria, un saúdo.

Sara Coleman de estreno en Ela Diz

Alégranos empezar a mañá cos deseños de Sara Coleman por diversos motivos.


Principalmente porque gustanos as súas propostas, uns deseños urbanos 
pensados para unha muller  que os poida vestir todo o día.



En segundo lugar porque é Galega e  toda a produción está realizada en España.



Xa sabedes se queredes ver a súa colección tras pasar por Cibeles Fashion Week,
non tedes máis que achegarvos ata Ela Diz.

Cleu, Rapaza Ela Diz

Cleu chegada desde Parana  quería unha peza made in Spain e con manga curta debido ao clima de Brasil. Na foto con vestido bicolor de Luna Moreno e vestido gris de Amaia Zabala.


Superheavy

Preto dos 70 e de cor rosa fluor. Bravo Mick, mestizaxe cultural, ska, reggae,rock… a nos gústanos coma sempre!


AZabala de estreno en Ela Diz

 

 

De orixe Donostiarra aínda que afincada en Londres na actualidade, chegaron por fin a Ela Diz as súas propostas para esta tempada de Outono- Inverno 2011. Cun estilo urbano á vez que fresco  caracterizase  polos seus cortes.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.